Evento: Desexo
Desexo
Espectáculo teatral a cargo da compañía Talía Teatro
Que é o que máis desexas nesta vida?
Queres fama? Diñeiro? Poder? Amor? Sexo?
Ata onde chegarías para conseguilo?
Amosarías detalles íntimos da túa vida?
Ensinarías o teu corpo por diñeiro?
Que farías para evitar que a túa parella te deixara?
E para conseguir seguidores?
deseXo é unha comedia na que seguiremos a varios personaxes a través das súas publicacións nas redes, vendo como van afrontando o seu día a día, as súas relacións, os seus desexos e os seus medos.
É unha obra sobre a pornografía, tanto a real como a social; unha reflexión cómica sobre un mundo que cada vez vai máis rápido, onde aprendemos nas redes, e onde todo, absolutamente todo, queda exposto.
Ligazóns