Evento: Tattoo. Arte baixo a pel

Tattoo. Arte baixo a pel
martes, 29 outubro, 2024 a domingo, 20 abril, 2025
Monte Gaiás, s/n,
Santiago de Compostela

Tattoo. Arte baixo a pel

A exposición /*Tattoo. Arte baixo a pel */segue a tatuadores e persoas tatuadas a través de épocas e continentes para explorar as confluencias que converteron a tatuaxe nunha forma de expresión artística e nun ...

A tatuaxe debe o seu nome ao tatau polinesio que a tripulación europea do capitán Cook descubriu no século XVIII. A evolución desta práctica foi o resultado de intercambios entre países, entre correntes marxinais e dominantes, entre centros e periferias. Sobreexposta actualmente por mor do desenvolvemento de Internet e o interese mediático que esperta, a tatuaxe escribe a súa historia contemporánea ao ritmo dos avances tecnolóxicos.
A exposición Tattoo. Arte baixo a pel segue a tatuadores e persoas tatuadas a través de épocas e continentes para explorar as confluencias que converteron a tatuaxe nunha forma de expresión artística e nun fenómeno global.
Producida polo Musée quai du Branly-Jacques Chirac, a mostra reúne 240 obras históricas e contemporáneas procedentes de 18 países do mundo entre pinturas, debuxos, libros, modelos en silicona tatuados, ferramentas para tatuar, máscaras, fotografías, selos e nove audiovisuais. Está comisariada por Anne Richard, destacada axente cultural da arte europea de vangarda e fundadora da influente revista HEY! Modern Arte & Pop Culture.
 

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5