Evento: Café Quijano

Café Quijano
sábado, 25 xaneiro, 2025 - 20:30
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro,
Santiago de Compostela

Café Quijano

Este último traballo, “Miami 1990”, é unha fresca continuación do son Quijano máis auténtico non sen certos retrincos sonoros noventeros.

Miami 1990” é  sorprendente! é un paseo por recordos que sinalaron o punto de partida da viaxe máis incrible de tres irmáns, a aventura de Café Quijano.
Cancións que seguen o ronsel, en forma e sonoridade, ás que marcaron unha época con “La Taberna del buda” (2001) e, posteriormente, á colección de historias contadas e cantadas no seu último álbum “Manhattan” (2021)
Este último traballo, “Miami 1990”, é unha fresca continuación do son Quijano máis auténtico non sen certos retrincos sonoros noventeros.
Novas curtametraxes convertidas en cancións que seguen sementando a dúbida sobre se eles son os protagonistas de semellantes historias. Como queira que sexa, gozar desta nova colección de temas que levados ao directo prometen facer aínda máis espectacular o seu extraordinario show.
Sen dúbida, Café Quijano ten un dos directos máis espectaculares e sorprendentes que se poden ver sobre un escenario.
Sinceramente, un show que non se esquece. Por mil razóns.
Asistir a un dos seus concertos é perder a noción do paso do tempo, literalmente. As súas máis de dúas horas de auténtico espectáculo son unha viaxe trepidante a través de vinte e cinco anos de éxitos que seguen presentes en varias xeracións.
O espectáculo non está só no que cantan senón, tamén, no que contan. As súas cancións son curtametraxes que se entrelazan coa intrahistoria narrada entre canción e canción.
Café Quijano non só forma parte da historia da máis exquisita música española senón que as súas cancións son éxitos que transcenderon no medio mundo e seguen sendo un dos artistas españois máis recoñecidos internacionalmente colaborando con artistas da talla de Celine Dion, Carlos Santana, Armando Manzanero, Herbie Hancock, Black Eyed Peas, Joaquín Sabina…
Non existe no panorama musical un grupo que fose capaz de alcanzar as cotas máis altas de éxito e popularidade en dous estilos musicais tan diferentes: o pop rock e o bolero. En ambos os estilos conseguiron chegar ao N1 en vendas e ser recoñecidos cos máis prestixiosos premios e nomeamentos internacionais, incluído o “grammy americano”, o “Grammy Award”.
Coa súa maxistral triloxía “Orígenes: el bolero” foron o grupo con máis nomeamentos do mundo ao "Latin Grammy": “Gravación do Ano”; “*Älbum do ano”, “Mellor álbum de pop tradicional” e “Produtor do ano”.
Esa mestura única do mellor dos dous xéneros convive no máxico e enérxico directo dos irmáns Quijano.
 

Máis eventos de tipo Concerto

By the way... Abal&Bellas
22 de xaneiro
Avenida do Burgo das Nacións
Colectivo Zafra en concerto
24 de xaneiro
Biblioteca Pública de Lugo
Morricone y 100 años de Cine
24 de xaneiro
Rúa de Miguel Ferro Caaveiro
Madame Lumière
26 de xaneiro
Auditorio Municipal Gustavo Freire