Evento: Día das Bibliotecas
Día das Bibliotecas
Xoves 24 de outubro: Xornada de portas abertas
Visitas guiadas ás 12:30 e ás 18:00 h. Poderedes coñecer o edificio da biblioteca e os servizos que ofrece para sacar o máximo aproveitamento dela. Impartido polo persoal técnico da biblioteca.
Xoves 24 de outubro: Cabaliño hop. Soledad Felloza
Valentín soña con saír do carrusel onde día a día pasea tantos nenos. Soña con galopar lonxe, ata o río e máis alá.
De 0 a 3 anos. 18:00 h.
Sábado 26 de outubro: The Colorful Neighbourhood. Academia Bastón
Contacontos en inglés cunha pequena actividade manual relacionada, e se traballarán os valores e emocións que se representan no conto.
De 4 anos en adiante. 12.00 h.
EXPOSICIÓNS
As bibliotecas máis bonitas do mundo (sala infantil do 1 ao 31 de outubro)
Bibliotecas imaxinadas: as bibliotecas na literatura e no cine (zona de exposicións do 8 ao 31 de outubro)