Evento: Eureka
Eureka
Un cowboy solitario (Viggo Mortensen) intérnase nunha vila sen lei en busca de vinganza. Paralelamente, na reserva de Pine Ridge, en Dakota do Sur, Alaina está cansa do seu traballo como policía e deixa de responder as alertas de radio unha fría noite de inverno. A súa sobriña Sadie pasa a noite agardándoa, en van. Coa axuda do avó, Sadie decide emprender unha viaxe a través do tempo e do espazo ata un lugar en Sudamérica, onde ha poder deixar de lado vellos westerns en branco e negro que non a representan, para se centrar en escoitar os soños e os relatos doutras persoas, as que aínda viven na selva.
Os paxaros non falan cos humanos, pero se puideramos entendelos, terían moitas verdades que nos contar.
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual