Evento: Os enigmas da arte
Os enigmas da arte
No marco do Plan Corresponsables, o museo organiza estas actividades en familia, nas que este ano vanse buscar os misterios que se agochan nun museo, un lugar cheo de historias, curiosidades e misterios incribles. Cada un dos enigmas que se expoñen neste taller trasladarán a un momento transcendente da historia da arte, a un movemento artístico revolucionario ou a un artista destacado.
Elaborado por Alma Blanco Arkhé Espacio Educativo.
Datas: Sábados do 19 de outubro ao 30 de novembro de 2024.
Destinatarios: familias con nenos e nenas de 4 a 10 anos.
Horario: 17:30 a 19:00 h
Todas as actividades son de balde previa inscrición que se abrirá o luns previo a cada obradoiro a partir das 10:00 horas.
A inscrición está limitada a un obradoiro por familia.
A inscrición realizarase a través de actividades.museobelasartes.coruna@xunta.gal
Programa:
A falsificación (19 e 26 de outubro, 2 de novembro)
Unha inquietante nota chegou ao museo, afirmando que unha das súas obras fora substituída durante a noite por unha falsificación, pero non desvela cal delas é.
Misterioso asasinato nun cadro (9, 16, 23 e 30 de novembro)
Constanza, a campesiña, apareceu morta en estrañas circunstancias, e o comisario apenas ten pistas para descubrir ao asasino. O que é seguro é que o asasino está entre as persoas que acudiron ao seu funeral. A obra Marcha fúnebre por unha campesiña, de Eugenio F. Granell, serve de contextualización.
Máis eventos de tipo Obradoiro