Evento: Como se fixo Cinza
Como se fixo Cinza
Manel Cráneo e Xavier Alcalá falarannos da súa novela A nosa Cinza e explicarán o proceso creativo de adaptación da mesma a banda deseñada. A obra percorre os anos da ditadura desde a mirada inocente de Xoán, un rapaz que pasa da infancia á adolescencia marcado pola situación social da época: primeiras amizades, primeiros amores, primeiros desenganos na vida e o constante peso da represión educativa e relixiosa. Unha obra vixente que acada unha nova vida no formato de novela gráfica editado por Demo Editorial.
No salón de actos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Actividade enmarcada no programa de dinamización lingüística falaRedes da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Máis eventos de tipo Xornada/Congreso