Evento: “Le monde sans fin”
“Le monde sans fin”
Cedemos o espazo á Alliance française de Santiago de Compostela para realizar a exposición “Le monde sans fin” baseada na obra do mesmo título de Jean-Marc Jancovici e Christophe Blain. Esta obra nace do encontro entre Christophe Blain, autor ilustre de cómics, e Jean-Marc Jancovici, enxeñeiro especializado en enerxía e clima. Esta novela gráfica presenta unha fonda reflexión chea de humor sobre as causas e as consecuencias do cambio climático. Cultivou un gran éxito nada máis publicarse en francés en 2021. Traducida a varios idiomas, foi o libro máis vendido en Francia en 2022, onde se adquiriron máis de 500 000 exemplares.
O Institut français quixo adaptar o cómic a unha exposición ecodeseñada para axudar a sensibilizar á poboación co reto da transición ecolóxica en todo o mundo nas sedes dos Institutos Franceses, as Alianzas Francesas e os seus socios.
Na exposición trátanse os temas principais da novela gráfica –enerxía e clima– para axudarnos a entender mellor a crise ecolóxica na que estamos sumidos e propóñense posibles vías de acción e reacción.
Descubramos as causas e as consecuencias do cambio climático da man dos autores.
A exposición estará no vestíbulo do 4 ao 30 de novembro e pode visitarse no horario de apertura da biblioteca.
Máis eventos de tipo Exposición