Evento: 3 irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos

3 irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos
xoves, 24 outubro, 2024 - 11:00
Biblioteca Pública Municipal de Antas de Ulla,
Antas de Ulla

3 irmáns, 3 camiños e 3 grandes perigos

Actividade do programa Ler Conta Moito con Paula Carballeira

Texto de presentación da actividade

En moitos contos hai 3 irmás: a maior, a do medio e a pequena, pero en poucos teñen nome, nome propio, e o nome é importante para que se lembren de ti e da túa aventura. En moitos contos hai camiños, a miúdo é un só camiño, pero se hai 3 cada irmá pode escoller o seu propio destino. En moitos contos hai perigos, pero un gran perigo é aquel que deixa pequenos aos outros.

Programa

visita dos nen@s do colexí de Antas de Ulla ás novas instalacións da Biblioteca Municipal

Público/s ao/aos que vai dirixido

  • Público infantil (A partir de 4 anos)

Duración

50 minutos

Sesións

  • Sesión única: 24/10/2024 - 11:00

Lugar de celebración

salon de actos da casa de cultura

Temática

Igualdade e violencia de xénero

Máis eventos de tipo Espectáculo

Un Samaín de medo: obradoiro de efectos e caracterización
31 de outubro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ruada en Mos
10 de novembro
Pazo de Mos
Biblioteatro
7 de setembro a 29 de novembro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola