Evento: HUGO
Hugo é diferente. Gústanlle moito os avións e tamén toca o piano. Laia visita a Hugo cada día. A Laia gústanlle falar e as plantas. Hugo ten TEA. A máis recente creación da compañía Os náufragos teatro é Hugo, unha peza teatral que aborda o tema do trastorno do espectro autista na infancia. Unha peza chea de sensibilidade e empatía que fala da da diversidade, da convivencia e da beleza de sermos diferentes. A peza está dirixida polo dramaturgo Gustavo del Río e o texto foi creado co asesoramento e colaboración de ASPERGA, a asociación galega de síndrome de Asperger.
Premio María Casares ao Mellor espectáculo para o público infantil e familiar.
Espectáculo seleccionado en FETÉN 2022
Espectáculo seleccionado en Galicia Escena PRO 2022
Espectáculo recomendado pola rede de teatros vascos SAREA