Evento: Drumless Trio
Drumless Trio
A nova formación do guitarrista e compositor Marcos Pin experimenta novas formas de expresión musical sen batería. Inspirado en anellos e fantásticos tríos jazzísticos como o foron —en calquera das súas versións— o histórico ensemble de Jimmy Giuffre, por poñer un exemplo, a formación de Pin aposta por profundar neste tan interesante terreo musical de carácter, se se me permiten os adxectivos (en certo xeito), máis acústico e orgánico.
Para dar vida a esta visión e repertorio, o trío conta cun persoal excepcional que se ve completa con dúas dos máis reputados intérpretes na escena Jazz actual: o pianista, Abe Rábade —líder de numerosos e exitosos proxectos e formacións que abarcan desde o piano só, pasando polo trío, cuarteto, ou quinteto, ata as formacións máis numerosas e contemporáneas— e o solvente e solicitado contrabaixista, Alfonso Morán , que se ve como peixe na auga tanto no mundo da música clásica como no do Jazz.
Sen dúbida, DRUMLESS preséntase como unha formación diferente, interesante e atractiva que promete descubrir fórmulas e elaborar novas receitas cargadas de exquisitez no seu son.