Evento: Voces de muller

Voces de muller
domingo, 24 novembro, 2024 - 19:00
Auditorio da Casa de Cultura,
Cee
Espectáculo de música a cargo de Black

BLACK é un proxecto musical coruñés que reinterpreta grandes éxitos da música negra. No seu formato acústico levan dende 2014 amenizando diversos espazos de toda a comunidade autónoma co seu espectáculo "Un paseo pola música negra". Tras o éxito dos especiales “Música do Nadal” e “Soul e literatura” agora chegan co formato: “Voces de muller”, un espectáculo deseñado ca intencionalidade de poñer en valor o papel da muller na música a través dun coidado repertorio musical interpretado en directo e das anécdotas das artistas representadas, todas elas fortes impulsores do feminismo dende diversos puntos. A través do espectáculo de BLACK redescubriremos grandes clásicos de voces femininas e vibraremos lembrando mulleres inesquecibles como Aretha Franklin, Nina Simone, Billie Holiday ou Amy Winehouse. Sempre, co galego como vehículo linguistico. BLACK ofrece, en directo, unha visión sensible e chea de detalles e anécdotas das últimas décadas da música negra, da forma na que as cancions nacen, escríbense e interprétanse, dunha forma profundamente íntima agasallándonos cunha viaxe polas melodías do Soul.

Unha experiencia pra alma.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Carapuchiña Vermella
24 de novembro, 17:30
AUDITORIO DE GOIÁN - Tomiño - Pontevedra
Os contos do Lobicán
24 de novembro, 18:00
Auditorio - O Grove - Pontevedra
KYOKI
24 de novembro, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
ENTRECAJAS
24 de novembro, 18:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo