Evento: Arquitecturas que falan do seu tempo

  • Arquitecturas que falan do seu tempo
  • Arquitecturas que falan do seu tempo
Arquitecturas que falan do seu tempo
mércores, 6 novembro, 2024 a domingo, 23 febreiro, 2025
Museo de Belas Artes,
A Coruña

Arquitecturas que falan do seu tempo

O Museo de Belas Artes da Coruña organiza a exposición “Arquitecturas que falan do seu tempo”, comisariada por Xosé Manuel Casabella e Alfredo Sellier. A mostra recolle as creacións arquitectónicas dos 23 arquitectos que foron e son académicos de número e de honra da Real Academia Galega de Belas Artes de Nosa Señora do Rosario, desde a súa creación o 31 de outubro de 1849 ata a actualidade. É por iso que o subtítulo desta exposición sexa 23+1.

As súas creacións arquitectónicas modelaron e transformaron o espazo de cidades e pobos ao longo dos últimos cento setenta e cinco anos. Tanto os edificios recentes como os antigos que se conservan e os que desapareceron, son xa parte inseparable da nosa memoria colectiva en Galicia. Do mesmo xeito o son os seus autores, arquitectos comprometidos coas artes, a cultura, e o rigor na súa actitude creativa, a cal foi motivo para o seu nomeamento como académicos.

Houbo e hai no marco de Galicia e da península moitos outros arquitectos de relevancia e transcendencia, pero estes vinte e tres que formaron parte da Academia poden tomarse como mostra de alto valor e referencia do que foron estes 175 anos de evolución arquitectónica.

Contido da exposición

A exposición comeza co arquitecto Faustino Domínguez Domínguez, ao que neste marco podería atribuírselle maior transcendencia, porque no momento da creación da Academia -vinculada entón á Deputación Provincial- ocupaba o cargo de arquitecto provincial e era tamén académico numerario da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Ademais de ser membro fundador da Academia e a súa verdadeira alma mater, de pronunciar o seu discurso inaugural e de ser promotor e o primeiro director da Escola de Belas Artes, resulta representativo da evolución que inexorablemente experimenta a arquitectura ao longo deste período.

Co proxecto da Universidade Literaria na Coruña realizado en 1841, Faustino Domínguez Domínguez obtén o título de arquitecto na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando:

Procuramos realizar unha exposición de arquitectura alcanzable a todos os públicos e non soamente ao especializado neste campo. Por iso articulouse a información de modo moi visual e dinámico, baseándonos fundamentalmente en fotografías que se mostran en vinte e tres pantallas de vídeo, unha para cada arquitecto, onde a exhibición de planos reduciuse ao mínimo, e só nos casos nos que resultou imprescindible.

Existen varias lecturas e aproximacións á exposición: unha delas é na que o visitante identificará edificios que lle son familiares, e que dan forma a un contexto urbano coñecido. Deste xeito, poderán identificarse esas obras cos seus creadores arquitectos, relacionalos co resto da súa obra, coñecelos, valoralos e poder gardalos a partir de entón na súa memoria.

https://museobelasartescoruna.xunta.gal/gl/exposicions/arquitecturas-que-falan-do-seu-tempo

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Historias dun lugar
19 de setembro a 31 de marzo
San Domingos de Bonaval s/n
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5