Evento: Obradoiro de bordado básico

Obradoiro de bordado básico
xoves, 12 decembro, 2024 - 17:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela

Obradoiro de bordado básico

Obradoiro a cargo de Lúa Mosquetera

Neste obradoiro de bordado básico aprenderemos a realizar tres puntos (punto partido, punto folla e punto rosa) cos que, ademáis de ser quen de rematar o deseño que se nos vai presentar, poderemos facer outros deseños bordados pola nosa conta. Todos os materiais están incluídos e non fai falla ter ningunha experiencia previa.

Lúa Mosquetera é a creadora dun clube de bordado na Coruña e doutro en Compostela dende o ano 2016

No salón de actos. Para 12 persoas adultas. Duración aproximada: 3 horas. As persoas interesadas poden retirar a invitación no mostrador de Información da biblioteca dende 30 minutos antes do comezo da actividade.

Podes consultar as normas de reparto das entradas para as actividades cun número de asistentes limitado nesta ligazón.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Iniciación á escritura creativa
15 de xaneiro a 25 de xuño
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Cancelado
Misterio na biblioteca: creación dun conto ilustrado
5 de febreiro
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Palabras ao aire
7 de febreiro
Biblioteca Pública de Lugo
Como se levanta unha peli
12 de febreiro
Aula de cine da Facultade de Comunicación