Evento: A vida que burbulla ao noso arredor
A vida que burbulla ao noso arredor
No noso calendario, cando comeza un ano novo, é pleno inverno. A xente nesas datas ten costume de se xuntar dun xeito familiar e desexarse sobre todo, saúde e sorte. Neste mesmo tempo as formigas viven gardadas nos seus formigueiros e o raposo no seu toco baixo terra; hai aves migratorias que se preparan xa, comendo todo o que poden, para voltar a Galicia cara a primavera, e temos unha copla moi bonita que di
Catro aves escollidas
son as que pasan o mar
o cuco e a anduriña
a rula e o paspallás
quizais porque emigrar e voltar deberíase facer cantando. O noso pracer é saber contar a vida que burbulla ao noso arredor.
No salón de actos. Para nenas e nenos de 3 a 8 anos. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos de tipo Espectáculo