Evento: Neura na Coruña

Neura na Coruña
xoves, 5 decembro, 2024 - 20:30
Forum Metropolitano,
A Coruña

Neura na Coruña

Neura, unha comedia neurótico-festiva de De Ste Xeito no Forum Metropolitano da Coruña

O Xoves 5 de Decembro, ás 20:30h, De Ste Xeito Producións presentará a súa nova comedia Neura, unha comedia neurótico-festiva, no Forum Metropolitano da Coruña.

SINOPSE:
NEURA é unha comedia que aborda o tema da saúde mental, iso si, con minúsculas. Os nosos protagonistas conviven con teimas propias e alleas. Tentan agochar algunhas, exhiben outras orgullosos, en ocasións búscanlles tratamento, pero sempre sofren por elas.
Neura non é unha comedia romántica: Edu e Sonia, xa viviron no pasado a súa historia de amor e desamor que terminou precisamente por mor deses pequenos trastornos. Non son amigos, non son amantes. Son esa categoría difusa á que chamamos ex. Xente da que sabemos ata o seu grupo sanguíneo, pero coa que actuamos como perfectos descoñecidos.

Os azares da vida fan que volvan atoparse en distintas circunstancias. Obrigados unha vez máis a poñer a proba a compatibilidade das súas neuras. Con todo, a evolución de cada un por separado, durante estes anos, a través de diferentes terapias e pseudo-terapias fai que se reencontren cunha versión actualizada da persoa á que coñeceron.

Neura é unha comedia neurótico-festiva na que todos e todas nos veremos reflectid@s.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Nada se sabe
14 de marzo
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Os nomes íntimos
21 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Chocolate
28 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Luppo
30 de marzo
Pazo da Cultura