Evento: Encontro: Carla Simón

  • Carla Simón
Encontro: Carla Simón
martes, 3 decembro, 2024 - 19:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña
cinema, xénero, rural

A MEMORIA E O RELATO

Carla Simón, que arrincou a súa traxectoria con Verano 1993 (2017) e obtivo o Oso de Ouro do festival de Berlín coa súa segunda longametraxe, Alcarràs (2022), é a primeira cineasta española en obter un gran premio nun festival de clase A. Conversaremos con ela sobre este feito, mais tamén sobre a súa traxectoria, o seu estilo e os seus intereses temáticos, así como sobre asuntos que teñen que ver co feito de traballar, como muller, a partir da propia memoria.

 

Moderado pola comisaria do ciclo Jara Yáñez.

 

Proxección posterior de Alcarràs.

Alcarràs
4 de decembro, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña