Evento: OS ANIMAIS DE MIGUELANXO PRADO (PARA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS)
OS ANIMAIS DE MIGUELANXO PRADO (PARA ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS)
O Concello de Cerdedo-Cotobade e a Fundación Antonio Fraguas Fraguas organizaron unha mostra conmemorativa do 25 aniversario da constitución da Fundación. Unha exposición das ilustracións orixinais realizadas por Miguelanxo Prado para o libro Os animais de Fraguas.
Logo de estar exposta no Centro Cultural Antonio Fraguas Fraguas en Carballedo (Cerdedo-Cotobade), a mostra poderá verse até o 11 de xaneiro de 2025 no Museo do Pobo Galego. A idea da exposición, que conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Pontevedra, xurdiu en plena pandemia do virus SAR19. Coa xente confinada no 2020, fomos quen de ver como os animais saían e reocupaban espazos dos que foran expulsados e grazas ao traballo de Miguelanxo Prado tamén ocuparon, na súa versión ilustrada, o seu lugar en librarías, bibliotecas e fogares.
A partir dunhas follas manuscritas inéditas de Fraguas que describían algunhas crenzas populares arredor de distintos animais, o Museo do Pobo Galego e a Fundación que leva o seu nome editaron un libro ilustrado, que enriquecía un proxecto non rematado polo autor. Kiko da Silva, ilustrador e editor especializado neste xénero, sumouse ao proxecto como editor artístico, e incorporou ao debuxante e ilustrador Miguelanxo Prado.
O resultado son 26 pequenas obras de arte que agora pódense ver expostas na Ala Sur do Museo, de martes a sábados, de 16:00 a 20:00 horas.
Datas: 12 de decembro 2024 — 11 de xaneiro 2025
Lugar: Museo do Pobo Galego. Salas de exposicións temporais. Santiago de Compostela
Horario: martes a sábados de 16:00 a 20:00
Máis eventos de tipo Exposición