Evento: Tromsø

Tromsø
venres, 4 abril, 2025 - 20:30
Rúa Nova, 22,
Santiago de Compostela

Tromsø

Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. 

Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, nalgúns casos, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz.Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura dun lugar onde tirar pola borda esa pena que se alimenta da alma e deixala afundir, dunha vez por todas, na inmensidade azul.Nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal.

 
Texto e dramaturxia: Rafa MartínezDirección: Rafa Martínez, Esther LatorreDirección coreográfica e de movemento: Esther LatorreElenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia VeigaMúsica en directo: Julia Ammerman, Manuel FernándezEscenografía e vestiario: A Compañía / Ana GestoDeseño de iluminación: José Faro «Coti»Voz en off: Alba LópezAnimacións: Rafa MartínezMáscaras: Rafa ReyDeseño e imaxe gráfica: Rafa MartínezAgradecementos: Alfredo López (CEMMA Cetáceos), Ana Gesto, Roberto Salgueiro, Manu Lago, Paula Quintas, Sheyla Fariña.
Co apoio da Xunta de Galicia, Concello de Ames e a colaboración do Concello de Santiago, Compostela Cultura, Concello de Vimianzo, CEMMA Cetáceos.
Idade recomendada: > 16 anosLingua: galegoPosfunción ao remate do paseFoco Memoria en escena
 

Máis eventos de tipo Espectáculo

Carapuchiña
5 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Supercoroza: na eira e na lareira
12 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Mans
19 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Contando números, cantando cores
26 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal