Evento: Carapuchiña
Carapuchiña
Celebramos o Día da Literatura Infantil e Xuvenil con Pedras de cartón que nos presenta “Carapuchiña”, un dos clásicos máis populares da literatura infantil. Carapuchiña é un conto de fadas de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm.
Pedras de cartón toma como punto de partida o clásico para xogar cos contos populares. Nunha vella panadaría, dous panadeiros comezan a súa rutina diaria na que van colocando os pans, os bolos e tódolos utensilios para abrir a tenda. Mais ese día pasan os minutos e ninguén aparece... A partir desta situación xogamos a desarmar os contos que todos coñecemos: Os tres porquiños, Xan e as fabas máxicas, O Parrulo Feo, Brancaneves, O Soldadiño de Chumbo... e a Carapuchiña Vermella.
“Carapuchiña” é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado que xoga coa historia cunha linguaxe xestual, case sen palabras e ambientada no mundo da panadaría tradicional.
No salón de actos. Dirixido a público familiar. A entrada é libre ata completar a capacidade da sala.
Máis eventos do ciclo Día do libro infantil e xuvenil



