Evento: Festa dos maios
Festa dos maios
Festa dos maios
Tradicional festa de interese turístico para celebrar a chegada da primavera
En épocas remotas, os galegos celebraban a chegada da primavera e o remate do cru inverno e propiciaban deste xeito a obtención de boas colleitas. Nos tempos actuais, as festas dos maios son a última manifestación folclórica que festexa en Galicia o final do inverno. Constrúense figuras con elementos naturais, como musgo, flores silvestres, ovos, paus e arredor delas cántanse, con acompañamento de paus, coplas e cancións irónicas e críticas con feitos ou personaxes de actualidade.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Festa/Feira popular

30 de abril a 1 de maio