Evento: Mandala (Arc en ciel)

Mandala (Arc en ciel)
venres, 18 outubro, 2024 a domingo, 7 setembro, 2025
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5,
Santiago de Compostela

Mandala (Arc en ciel)

Exposición de Pilar Albarracín

Pilar Albarracín (Sevilla, 1968) foi unha das creadoras claves na renovación das linguaxes artísticas en España durante os anos noventa. Nunha escena ata entón dominada pola pintura e a escultura, o seu traballo foi pioneiro no uso da fotografía, a performance ou a instalación como medios de expresión artística, e contribuíu a formular algunhas das cuestións fundamentais para entender a evolución das prácticas artísticas nas últimas décadas. 
Mandala (Arc en ciel) (2012) forma parte dunha serie máis ampla integrada por outras cinco pezas que actualmente pertencen ás coleccións do CAAC de Sevilla e o MUSAC de León. A obra exposta no hall do CGAC está constituída por un conxunto de bragas usadas de diversas cores e tamaños dispostas en círculos concéntricos. Neste contexto, as pezas de roupa interior femininas adquiren un significado novo e profundamente simbólico, modelando un universo sagrado onde se combinan harmoniosamente o individual e o colectivo.
 

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Historias dun lugar
19 de setembro a 30 de marzo
San Domingos de Bonaval s/n
Infiltracións. Alberto Baraya. Vento
25 de outubro a 2 de marzo
Museo Provincial de Pontevedra