Evento: Xogando coas palabras

Xogando coas palabras
venres, 3 xaneiro, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Xogando coas palabras

Divertímonos xogando coas nosas palabras

Obradoiro de lectoescritura a cargo de Eva Uceira Rey.

Aprenderemos, xogando, a descubrir o intruso, coñecer novo vocabulario, xogar coas palabras...

Público de 5 a 7 anos, que pode asistir acompañados polas persoas adultas responsables.

Espazo de obradoiros da Biblioteca.

Duración: 90 minutos.

20 prazas

Obxectivos: 

Proporcionar actividades e material didáctico en galego, que lles faciliten ás familias a estimulación dos compoñentes para a aprendizaxe da lectoescritura.

Contidos:

1. A linguaxe oral como precursor da lectura. 

2. A conciencia fonolóxica (conciencia léxica, silábica e fonémica).

3. O vocabulario.

O material didáctico que se utilizará deseñouse para traballar a conciencia fonolóxica, un dos mellores (e máis traballados) compoñentes para a aprendizaxe da lectoescritura e para a adquisición de vocabulario implícito e explícito a través de diferentes centros de interese en lingua galega. O material a utilizar ten carácter lúdico e manipulativo.

A conciencia fonolóxica é unha habilidade de procesamento fonolóxico explícito que fai referencia ao coñecemento que teñen os nenos e as nenas sobre as palabras, as sílabas e os sons da fala.

O vocabulario é a capacidade de utilizar unha palabra específica para un significado e viceversa. Ademais de estar relacionado coa aprendizaxe en xeral, facilita a comprensión de textos. Canto máis vocabulario (oral ou escrito), mellor comprensión do texto teñen os/as nenos/as. 

Elaboráronse xogos de conciencia fonolóxica: dende a conciencia léxica, silábica e intrasilábica (inicios e rimas) e a conciencia fonémica, tendo en conta a idade dos/as nenos/as.

Inscrición previa a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede a través de correo electrónico uns días antes da actividade.

Máis eventos de tipo Obradoiro

Ludobiblio Cempés de Nadal
23 de decembro a 3 de xaneiro
Biblioteca Pública de Pontevedra Antonio Odriozola
Solsticio de inverno. Impartido por Arte y Garabato.
27 de decembro a 3 de xaneiro
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel
Xeitureando: Un Nadal polo Mundo
2 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense
Xeitureando: Un Nadal polo Mundo
3 de xaneiro
Biblioteca Pública de Ourense