Evento: MEMORIA E AZOUGUE

  • MEMORIA E AZOUGUE. A LIÑAXE DOS LLANOS (1897-1970)
  • MEMORIA E AZOUGUE. A LIÑAXE DOS LLANOS (1897-1970)
  • MEMORIA E AZOUGUE. A LIÑAXE DOS LLANOS (1897-1970)
MEMORIA E AZOUGUE
xoves, 19 decembro, 2024 a domingo, 20 abril, 2025
Museo Etnolóxico de Ribadavia,
Ribadavia

MEMORIA E AZOUGUE

A LIÑAXE DOS LLANOS (1897-1970)

Esta mostra ten por obxectivo dar a coñecer o traballo fotográfico da liñaxe composta por Francisco Llanos Mas, o seu fillo, Francisco Miguel Llanos Trápaga e o seu neto Ángel Llanos González. A mostra está estruturada en tres seccións: Arquitectura, Retrato e Acontecemento, entendendo este último como feitos excepcionais, como a guerra, a festa e o traballo. En conxunto constitúen unha biografía de Vigo desde os anos finais do século XIX até os momentos do apagamento do réxime franquista.

Francisco Llanos Mas, valenciano que se establece en Vigo  na década de 1870, divide o seu tempo entre a captura de imaxes e a dedicación ao mundo do teatro, plasmando ambas facetas no seu traballo fotográfico. O seu fillo, Francisco Llanos Trápaga, nace en Madrid e comeza a súa actividade en Vigo arredor dos anos 20, finalmente Ángel Llanos, fotógrafo todo terreo, profesional de mais largo percorrido na fotografía, dedicouse á fotografía durante oito décadas, incluída a Guerra Civil ao integrarse ao gabinete fotográfico do Corpo do Exército en Galicia.

A mostra está formada por 38 fotografías, cámaras fotográficas e diversos obxectos e documentos relacionados co traballo como fotógrafos dos Llanos.

Os comisarios da mostra son Manuel Pérez Rúa e Vítor Vaqueiro Foxo.

Manuel Pérez Rúa, Sociólogo, coordinador cultural do concello de Moaña. Realizou estudos sociolóxicos relacionados co campo sociocultural e urbanístico.

Vítor Vaqueiro Foxo, cofundador do colectivo fotográfico Canbranco e do Centro Arquivo Pacheco. Tamén foi profesor das materias fotografía, Fotoxornalismo, Dirección de fotografía e Proxecto Audiovisual na facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Pertence ao colectivo A Mira(n)da.

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5