Evento: Os contos de William Shakespeare
Os contos de William Shakespeare
Os contos de William Shakespeare
Pedras de cartón
Os contos de William Shakespeare fai un percorrido polas obras máis coñecidas do dramaturgo inglés, adaptadas para toda a familia e cunha linguaxe máis próxima. De este xeito, afrontamos tres das pezas máis recoñecidas autor:
- “Romeo e Xulieta”, contada con teatro de obxectos.
- “Otelo” convertendo as personaxes da obra, nunhas rechamantes e letras coloridas.
- “Hamlet”, contado en clave de comedia a partir dun peculiar xogo de cartas no que ninguén pode gañar.
Duración: 40 minutos.
Idade: de 4 anos en adiante.
Reserva de praza na biblioteca ou no teléfono 886 120 445 desde o luns anterior á actividade.