Evento: MANUEL DÁVILA: A PEGADA DO OFICIO NA VIDA

  • Manuel Davila_a pegada do oficio na vida
MANUEL DÁVILA: A PEGADA DO OFICIO NA VIDA
xoves, 14 novembro, 2024 a luns, 31 marzo, 2025
Museo das Peregrinacións e de Santiago,
Santiago de Compostela

MANUEL DÁVILA: A PEGADA DO OFICIO NA VIDA

O traballo de Manuel Dávila García (Santiago de Compostela, 1934) conta unha historia persoal, cicelada a través da ourivaría. A súa formación, as relacións laborais e o espazo do obradoiro constrúen unha intimidade arxéntea, un relato de vida inscrito no marco dunha cidade en construción, que analiza o oficio como forma de identidade individual e colectiva.

A mostra está comisariada por Adela Dávila e producida pola Asociación de Ourives de Compostela. Conta coa colaboración do Museo das Peregrinacións e de Santiago e a cesión do uso da sala de exposicións temporais.

Acceso libre e gratuíto ás salas no horario de apertura do museo.

1º andar. Sede expositiva do Museo das Peregrinacións e de Santiago, Praza das Praterías.

Máis eventos de tipo Exposición

XVIII Premio de Novela Casino de Santiago
2 de xullo a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Ribadavia no seu patrimonio relixioso
23 de xullo a 20 de abril
Museo Etnolóxico de Ribadavia
Mandala (Arc en ciel)
18 de outubro a 7 de setembro
Rúa de Ramón del Valle-Inclán, 5