Evento: Frágua de amor

Frágua de amor
venres, 10 xaneiro, 2025 - 20:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Frágua de amor

Ciclo Quintas do Camões

Frágua de amor, do dramaturgo portugués Gil Vicente, está coproducida polo Centro Dramático Galego xunto a seis estruturas culturais lusas: Escola da Noite-Grupo de Teatro de Coímbra, O Bando de Surunyo, Artway, Cendrev-Teatro García de Resende, Teatro Académico de Gil Vicente e Teatro Nacional São João.

A peza está dirixida por António Augusto Barros e conta coa música en directo de O Bando de Surunyo, especializado na interpretación de obras dos séculos XVI e XVII, con seis voces, laúde, viola de gamba, frauta e percusión baixo a dirección musical de Hugo Sanches e co galego Xurxo Varela á viola. Sobre o escenario actuará un elenco de nove actores e actrices: Ana Teresa Santos, Carlos Meireles, Igor Lebreaud, Maria Quintelas, Miguel Magalhães, Nuno Meireles, Sérgio Ramos e a galega Mónica Camaño.

A posta en escena do texto, escrito en 1524 para celebrar o casamento de João III con Catarina de Habsburgo, consegue, a través da escenografía e da música, o ambiente de festa imaxinado por Gil Vicente. Non obstante, tamén lanza miradas críticas aos temas habituais do autor: a igrexa, a xustiza corrupta e a fidalguía improdutiva que aspira a beneficios. Tras as aplaudidas representacións en Coímbra e Évora, fai parada en Santiago de Compostela antes de continuar a xira no Teatro Nacional São João de Porto a mediados de mes.

Máis eventos de tipo Espectáculo

Nada se sabe
17 de xaneiro
Salón Teatro
Nada se sabe
18 de xaneiro
Salón Teatro
Nada se sabe
19 de xaneiro
Salón Teatro
Nada se sabe
22 de xaneiro
Salón Teatro