Evento: Un deus salvaxe

Un deus salvaxe
sábado, 5 abril, 2025 - 20:00
Teatro Principal,
Ourense
Espectáculo teatral a cargo de Talía Teatro

Dous nenos duns once anos enfróntanse con violencia nun parque. Beizos inchados e dous dentes rotos…. Os pais da “vítima” convidan á súa casa aos pais do “matón” para resolver o conflito. O que comeza sendo unha charla con bromas e frases cordiais, adquire un ton máis violento a medida que os pais van revelando as súas ridículas contradicións e grotescos prexuízos sociais.
As parellas empezarán a insultarse sen reparo algún, e mesmo non dubidarán en sacar os trapos sucios dos seus respectivos matrimonios. Aquí non hai nin bos nin malos. Nin tan sequera vencedores e vencidos. Só catro adultos que se encerellan nunha calorosa discusión que vai desvariando máis e máis a medida que esta se vai alongando innecesariamente.
A situación descontrólase de tal modo que ninguén está a salvo de recibir a súa ración de ofensa persoal, e todos os intentos por acougar os ánimos e instaurar a paz acaban fracasando. Cada un ten a súa propia opinión sobre como canalizar o conflito que afecta aos seus fillos (desde como definir a agresión ata como castigar ao agresor, pasando por ver quen ten maior ou menor culpa), e de aí xorden outros temas nos que por suposto non logran poñerse de acordo.

Outras datas

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

A nena e o grilo camiño das cores
16 de marzo, 18:00
Edificio Multiusos - Monforte de Lemos - Lugo
Rosalía, a pulga que escribía
16 de marzo, 18:00
Auditorio Municipal - Vigo - Pontevedra
Bernarda
16 de marzo, 18:30
Auditorio Reveriano Soutullo - Ponteareas - Pontevedra
Frío
16 de marzo, 19:00
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo