Evento: Marabillas xiratorias
Marabillas xiratorias
Neste obradoiro os e as participantes construirán dous xoguetes ópticos cos que descubrirán a maxia da animación. O primeiro será un taumatropo de dúas imaxes, o segundo consta de seis debuxos que configuran un loop animado.
Debuxar e construir estes xoguetes propiciará a reflexión acerca do tempo, o espazo e o ritmo.
Ao rematar o obradoiro os e as participantes poderán levar para a casa os xoguetes de papel e ilusionar con eles a familiares e amigos
Data e hora: venres 28 de febreiro ás 18.00 h.
Público destinatario: infantil, a partir de 6 anos. Os nenos e nenas menores de 11 anos terán que estar acompañados/as por un adulto durante toda a actividade. (10 prazas)
Inscrición previa na web da biblioteca a partir do mércores día 19 de febreiro ás 9.00 horas.