Evento: Obradoiro de máscaras de refugallo
Obradoiro de máscaras de refugallo
mércores, 26 febreiro, 2025 - 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal,
Santiago de Compostela Obradoiro de máscaras de refugallo
A cargo de O Faiado de Nin
Celebramos o Entroido cun obradoiro de máscaras de refugallo. Queres facer unha máscara para este Entroido? Neste obradoiro elaboraremos máscaras partindo de material de refugallo como cartóns, cintas, teas, las, recortes... e darémoslles un toque persoal con pinturas e apliques.
Enche de cor este Entroido con estas orixinais máscaras. Podes facelas seguindo o teu propio deseño e converterte na personaxe que elixas.
Na sala infantil. Para 12 nenas e nenos de 6 a 12 anos. As persoas interesadas poden achegarse á biblioteca dende 30 min antes do comezo da actividade.