Evento: Superficies, de Alberte Pagán, e outras curtas
Superficies, de Alberte Pagán, e outras curtas
Superficies, de Alberte Pagán, e outras curtas
curtas, vangarda, galicia
Diario de viaxe polo mar de Aral, antigamente un dos lagos máis grandes do mundo, hoxe reducido ao 10% da súa superficie. Pagán intercala imaxes propias tiradas da convivencia alá cun grupo de cazadores da estepa –en dúas etapas, nos veráns de 2018 e 2023– con refilmacións das pezas Memoria (Nerea Barros, 2021) e Man of Aral (Helena Gouveia Monteiro, 2024) en superficies acuosas, puntuadas por extractos en off do seu libro Jalundes e pinturas do museo de arte Igor Savitsky.
Proxéctase xunto ás dúas curtas referenciadas. Presentación e coloquio co autor.
Ligazóns
Máis eventos de tipo Proxección audiovisual