Evento: El silencio antes de Bach
El silencio antes de Bach
El silencio antes de Bach
música, documental, vangarda
Die Stille vor Bach é unha aproximación á música e ás disciplinas e oficios que a rodean a través da obra de Johann Sebastian Bach. Unha mirada sobre as fondas relacións dramatúrxicas que existen entre imaxe e música, de forma que non se concibe esta última coma un simple subliñado subsidiario da imaxe, senón como suxeito paritario do relato. Así que parte dunha estrutura musical previa. A banda sonora nútrese de obras de J. S. Bach, de dúas sonatas de Felix Mendelssohn e dun estudo de Gyorg Ligety, que crean unha bóveda arquitectónica baixo a cal transcorre a historia da película. Un paseo polos séculos XVIII, XIX e XXI da man de J. S. Bach.
Outras datas
Ligazóns