Evento: O Entroido
O Entroido
Moi amodo, o inverno remata e unha nova estación chega, polo que cómpre dar a benvida ao Entroido dende a biblioteca Ánxel Casal.
O Entroido galego fica as súas raíces nas Saturnalias gregas e as Lupercales romanas, festividades relixiosas caracterizadas por unha certa permisividade social e un espírito lúdico. Este carácter popular e irreverente deu máis tarde en sincretismo coa tradición cristiá, centrada na Coresma, e que está especialmente presente en rexións como a mesma Galicia. O Entroido marca a transición entre o recollemento do inverno e a abundancia da primavera polo que é unha época de xantar (o lacón, as filloas, as orellas...) e celebración (as máscaras, os disfraces...).
Como noutros anos, propoñémosvos unha mostra bibliográfica relacionada co Entroido, especialmente pensada para a cativada, pero apta tamén para toda a familia. Como di unha copla popular:
Vinde nenas!
Vinde nenos!
Non quero cara de penas
e de choros moito menos.
O Entroido imos festexar:
filloas e orellas
comeremos a fartar.
De disfraces non falemos
que eso non faltará.
Pode visitarse na Sala infantil durante o horario de apertura da biblioteca.