Evento: Pelica de Burra

Pelica de Burra
venres, 25 abril, 2025 - 20:00
Centro Social Abanqueiro,
Boiro

Ano 2735.  Despois dunha incrible viaxe no tempo, Pelica de Burra, a nosa protagonista, aterra nun futuro sen xogos, sen contos, sen música… nun futuro terrible. Ante isto, decide regresar ao pasado para atopar as palabras perdidas: “Peliquiña Meee, por aquí non é!, por aquí tampouco, entón... por onde?”

Este retrouso levaranos cara a solución dun mundo sen diversión. PELICA DE BURRA é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música para primeira infancia da man da narradora e educadora Vero Rilo acompañada do músico Luís Iglesias.

Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

Black, concerto de soul
23 de abril, 22:00
Praza do Tapal - Noia - A Coruña
Profetas
24 de abril, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo
Anöa VERSIÓN FORMATO TRÍO | Elvi Balboa
24 de abril, 20:30
Auditorio do Centro Cívico Cultural Manuel Murguía - Arteixo - A Coruña
Máis saaaabor!
25 de abril, 18:30
Casa da Cultura Pintor Lloréns - Sada - A Coruña