Evento: Blues do País
Blues do País
Bieitta James e Pepe King ofrecen 75 minutos de blues, risas, bailes e moita retranca. A nosa diva rural e o blusmanciño enriba das táboas a bater cos zocos.
Blues. Si, señora, blues de toda a vida. Blues do bo. Blues do país. Do País. Do noso. Do que empeza nos Ancares e chega ata Missouri.
Blues da rotonda e blues on the road. A Route 66 montados nun chimpín con Janis Joplin e Rosalía. Por que non?
I had a dream! Etta James mariscando en Cabo da Crus. B.B. King nun furancho de Redondela. Castelao e Eric Clapton escribindo Old Men Shouldn't fall in love.
I had a dream! Ottis Redding cun tinto de Barrantes no Berbés, sentadiño a velas pasar. Muddy Waters nun torreiro de Ramirás. Unha zanfona bottle-neck. Uns zocos batendo no chan en New Orleans.
I had a dream! A AP9 convertida en campos de algodón.
I had a dream!! Maruxía a forte marexada con ondas de 3 a 4 na ría de Alabama.
We had a dream
Nós tamén soñar.
Galiza e Blues. Somos a mesma carne. O mesmo pelexo branco e negro. Mixilón negro con cuncha branca. Feeling blue, pero nunca choveu que non escampara.
Yeah, beibes!
Todo isto e moito máis nun espectáculo que non te deixará regusto a barrantes pero si moitas ganas de ghastar pista!!!!
Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo



