Evento: Musculo!

Musculo!
sábado, 22 marzo, 2025 - 22:00
Sala Guión,
Pontedeume
Xira de presentación 'Ulla'

Músculo! nace no ano 2012 coa intención de mesturar instrumentos analóxicos con elementos electrónicos buscando novas texturas e estilos. A banda está formada por Álvaro Blanco, Raúl Santiago e Manuel Rodríguez. A súa evolución musical foi escorándose cara a electrónica sen deixar de lado a experimentación, adaptándose ás máis novas tendencias sen complexos e sen medo a explorar novos sons.

O seu primeiro traballo foi un EP con tres cancións que foron escollidas como semifinalistas do Proyecto Demo do FIB de Benicàssim. No 2013 publican o seu segundo EP titulado Selección Natural. Este traballo derivou hacia terreos krautrock sen deixar de lado en ningún momento a electrónica máis bailable. En maio do 2014 lanzan Vivac onde esa electrónica bailable se fai moito máis presente,
acollendo o son Manchester e levándoo cara referencias máis actuais. Ese mesmo ano pasan a ser banda Jägermeister. No ano 2016 entran a grabar o seu primeiro LP en Montreal Estudios (Delorean, Columpio Asesino, John Talabot...) xunto ao productor Hans Krugër. O disco publícase en febreiro do 2018 e está composto por sete cortes que deixan entrever unha gran evolución do
grupo cara a electrónica máis actual. O videoclip do tema What we left behind foi nomeado a mellor videoclip no festival de Cans 2019.

Co seu directo contundente e sen fisuras, Músculo! pisou moitos dos festivales máis prestixiosos do Estado Español e Portugal como o BBKLive ou o BIME (Bilbao), MonkeyWeek (Puerto de Santa María), Low Festival (Benidorm) , Atlantic Fest (Illa de Arousa), Festival Noroeste (A Coruña), Let's Festival (Barcelona), Festival do Norte (Vilagarcía de Arousa), Sereas e Piratas (Carballo, A Coruña), Kutxa Kultur (Donosti), Wos Festival (Santiago de Compostela), Festival Termómetro (Portugal) ou o Walk and Dance Festival (Portugal) entre outros. Tamen estiveron nas salas máis importantes como Kafé
Antzokia (Bilbao), Sala Capitol (Santiago de Compostela), Razzmatazz (Barcelona), Matadero (Madrid), Teatro Aveirense (Aveiro, Portugal), ou o Cinema São Jorge (Lisboa, Portugal).

En 2020 gañan o premio Martín Códax da Música na categoría de electrónica. En marzo do 2023 publican Ulla, resultado da experimentación, da súa evolución natural e do aprendido neste tempo. Momentos limpos e preciosistas, pistas distorsionadas ata o seu límite ou pads entrecortados e crebados. Seccións de corda que achegan os momentos máis emotivos e instrumentos orgánicos integrados nun entorno electrónico. Na actualidade Músculo! segue presentando este último traballo tanto en salas como en festivais.

Máis eventos do ciclo Rede galega de música ao vivo

The Lákazans
14 de marzo, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra
Blues do País
15 de marzo, 21:30
La Pecera - Vigo - Pontevedra
Ataque Escampe
15 de marzo, 23:00
Sala Guión - Pontedeume - A Coruña
Stormy Trucks
15 de marzo, 23:30
Laroom - Ferrol - A Coruña