Evento: Carapuchiña vermella

Carapuchiña vermella
sábado, 12 abril, 2025 - 12:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Carapuchiña vermella

A cargo de Pedras de cartón

Neste mes das Letras, Pedras de cartón presenta "Carapuchiña", un dos clásicos máis populares da literatura infantil. "Carapuchiña" é un conto de fadas de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm. 

Pedras de cartón toma como punto de partida o conto clásico para xogar a desarmar os contos que todos coñecemos. 

"Carapuchiña" é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado que xoga coa historia cunha linguaxe xestual, case sen palabras e ambientada no mundo da panadaría tradicional. 

Duración: 45 minutos 

Salón de actos

Público familiar a partir de 3 anos

Entrada libre ata completar a capacidade da sala

Máis eventos do ciclo Día do libro infantil e xuvenil

Xela, aventura na fraga
3 de abril, 11:30
CPI Padrenda-Crespos, San Roque de Crespos - Padrenda - Ourense
Autores da Limia: Xavier Domínguez
3 de abril, 11:30
CEIP dos Blancos - Os Blancos - Ourense
Xogamos! Ramiro Neira
3 de abril
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra
Carapuchiña vermella
4 de abril, 18:00
Biblioteca Pública de Lugo - Lugo - Lugo