Evento: Carapuchiña vermella

Carapuchiña vermella
venres, 4 abril, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública de Lugo,
Lugo

Carapuchiña vermella

A cargo de Pedras de Cartón

Pedras de Cartón presenta “Carapuchiña”, o quinto espectáculo da compañía, no que traballa cun dos clásicos máis populares da literatura infantil. Carapuchiña é un conto de fadas de transmisión oral, adaptado posteriormente por Charles Perrault e máis tarde polos irmáns Grimm.

Pedras de Cartón toma como punto de partida o clásico para xogar cos contos populares.

Nunha vella panadaría, dous panadeiros comezan a súa rutina diaria na que van colocando os pans, os bolos e tódolos utensilios para abrir a tenda. Mais ese día pasan os minutos e ninguén aparece...

A partir de esta situación xogamos a desarmar os contos que todos coñecemos: Os tres porquiños, Xane as fabas máxicas, o Parrulo Feo, Brancaneves, o Soldadiño de Chumbo... e a Carapuchiña Vermella.

“Carapuchiña” é unha comedia de teatro de obxectos protagonizada por Juan Rodríguez e Leonardo Casado que xoga coa historia cunha linguaxe xestual,case sen palabras e ambientada no mundo da panadaría tradicional.

Para nenos/as a partir de 4 anos (Público familiar)

Duración: 40 minutos

Horario: 18:00 h.

Salón de actos (ata completar capacidade)

 

Máis eventos do ciclo Día do libro infantil e xuvenil

Chungo que te cagas
2 de abril, 18:00
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
Xela, aventura na fraga
3 de abril, 11:30
CPI Padrenda-Crespos, San Roque de Crespos - Padrenda - Ourense
Xogamos! Ramiro Neira
3 de abril
Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel - Vigo - Pontevedra
Xogamos!
4 de abril, 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés - A Coruña - A Coruña