Evento: A burra, a mesa e o pau

  • A burra, a mesa e ou pau
A burra, a mesa e o pau
venres, 28 marzo, 2025 - 18:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

A burra, a mesa e o pau

Unha produción do Centro Dramático Galego

Que sucede cando o traballo de fóra non dá abondo e invade tamén a mesa da cociña e a vida doméstica coma un gramón de raíz ávida?

Para quen vive permanentemente na precariedade o azar, a casualidade, os eventos máxicos resultan un escape altamente atractivo para poder evadirse das dificultades reais. As persoas pobres soñan constantemente cun golpe de fortuna que as saque do apuro: un décimo de lotaría premiado, un tío rico —e ata agora descoñecido— que deixa un capitaliño nalgures, unha burra que levanta o rabo e caga ouro a moreas se sabes o que hai que dicirlle nas orellotas...

Pero que pasa cando a mesiña dos manxares rompe, a burra escapa axitando as orellotas e o pau só obedece á voz da autoridade para bater no lombo das de sempre?

Pois vaite que este é o conto de fadas dunha familia obreira galega naqueles tempos nos que era máis doado crerlles os contos ás avoas que as promesas aos patróns...

A burra, a mesa e o pau traza unha liña pasando por eses tres puntos: unha vida de esforzos, a loita obreira e unha esperanza teimuda en solucións máxicas.

Queres que cho volva contar?

Elenco: Xúlio Abonjo, Maika Augado, Beatriz Barcia, Xosé Manuel Esperante, Andrés Giráldez, Alixa Ladson, Roberto Leal, Mario López, Pablo Loureiro, Carla Mouteira, Graal Montes, Paloma Otero, Paulo Serantes, Nelu Vermouth e Arantza Villar

Equipo artístico
Dirección e dramaturxia: Lorena Conde
Deseño de espazo escénico, deseño de iluminación, videocreación, deseño de vestiario e atrezo: Carmen Casal, José Faro, Montse Piñeiro e María Torres Piñeiro
Movemento escénico e coreografía: Amparo Martínez
Música: Inés Salvado Gontad e Cibrán Seixo
Caracterización: Carmen Casal
Confección de vestiario: Raquel Crespo e Neme Vázquez
Asistencia de produción: Keka Losada
Asistencia de dirección: Inés Salvado Gontad

Duración: 100 minutos. Espectáculo recomendado para maiores de 12 anos.

  • No Salón Teatro do 7 de marzo ao 20 de abril de 2025, con funcións de mércores a domingos, ás 18.00 h.
  • Servizos de accesibilidade:
    • Interpretación a LSE e subtítulos para o teléfono
    • Programa de lectura fácil
    • Os mércores, función descontraída*
    • Audiodescrición para persoas invidentes durante o espectáculo

*Unha sesión cunha atmosfera acolledora e con máis tolerancia respecto do ruído e movemento no patio de butacas. Cun prezo especial de 6 euros. Destinada ás persoas que buscan un ambiente máis relaxado que o dunha representación teatral ao uso, así como ás que poidan sentirse máis cómodas nesa contorna, como aquelas con déficit de atención, deficiencia intelectual, espectro autista ou deficiencias sensoriais, sociais ou de comunicación.

  • Campaña de mobilidade Sobes ao autobús do teatro? con servizo gratuíto de autocares ao dispor dos concellos interesados.
  • Venda de entradas
Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Nada se sabe
14 de marzo
Auditorio Municipal Gustavo Freire
Os nomes íntimos
21 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Chocolate
28 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Luppo
30 de marzo
Pazo da Cultura