Evento: Fábrica de fume

  • Fábrica de fume
Fábrica de fume
domingo, 30 marzo, 2025 - 12:00
Salón Teatro,
Santiago de Compostela

Fábrica de fume

Un espectáculo de teatro comunitario inspirado na historia de Sargadelos

A peza afonda no concepto de arte e industria, explorando as temáticas que xorden ao centrar a atención nas persoas que traballan no ámbito fabril. As directoras inspíranse no fenómeno industrial de Sargadelos, extraendo del o material con maior potencial para a creación colectiva noutras fábricas, non-lugares e experiencias que combinan imaxinación e vivencias persoais arredor do traballo das actrices e actores participantes.

Fábrica de fume é un proxecto de teatro comunitario que tivo a súa orixe no programa europeo Phōnē. Está coproducido polo Centro Dramático Galego e conta co financiamento da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e a colaboración de Fegatea.

 

Textos: Ana Fontenla

Dirección: Ana Fontenla e Celina Fernández Ponte

Elenco: Federación Galega de Teatro Afeccionado (Fegatea). Con Nieves Pérez, Juanín Ares, Chus Devesa, Antonio V. Turnes, Pablo Fernández, Lola Roel, Valentín Entrialgo, Edita Álvarez, Guadalupe López, Carmen Lois, Sara Nieto, María José Lagoa, Quico Ramilo, Manuel Llilla, Lucía González, María José González, Reyes López e Ana Rosa Pavón

Deseño de iluminación: As Dúas e Punto

Vestiario e caracterización: CIFP Paseo das Pontes (A Coruña) e IES A Pinguela (Monforte de Lemos) baixo a coordinación de Ana Calviño, Rosa Mar Díaz e Luz Freire

 

Entrada libre previa retirada de localidades no despacho de billetes (rúa Nova, 34), aberto unha hora antes de cada pase.

Outras datas

Máis eventos de tipo Espectáculo

Os nomes íntimos
21 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Chocolate
28 de marzo
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Luppo
30 de marzo
Pazo da Cultura
A burra, a mesa e o pau
6 de marzo a 20 de abril
Rúa Nova, 34