Evento: Coñecendo a Díaz Pardo

Coñecendo a Díaz Pardo
martes, 1 abril, 2025 - 18:00
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés,
A Coruña

Coñecendo a Díaz Pardo

Día das artes galegas

Con este obradoiro, a rapazada descubrirá e gozará da obra de Isaac Díaz Pardo, unha figura clave para enender as artes do noso país. Faremos deste achegamento unha experiencia lúdica, explorando algúns exempos do seu amplo legado. 

Con lapis, cores, unha mesa de luz e moita imaxinación, mergullarémonos no seu universo artístico, deixando que as súas cores, as súas liñas e a súa luz nos inspiren. 

A cargo de Marisa Irimia

Duración: 60 minutos

Publico infantil de 6 a 12 anos

Lugar: espazo de obradoiros da biblioteca 

20 prazas

Inscrición previa a partir do 25 de marzo a través do formulario da nosa páxina web. Recibe o aviso a través do boletín de novidades.

As prazas asignaranse por rigorosa orde de inscrición. No caso de ser seleccionado/a a biblioteca poñerase en contacto con vostede uns días antes da actividade.

Máis eventos do ciclo Día das artes galegas

Roteiro “Isaac Díaz Pardo"
1 de abril, 18:30
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
As coleccións dentro do catálogo de Ediciós do Castro: CERÁMICA
1 de abril a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña
As coleccións dentro do catálogo de Ediciós do Castro: a Galicia exterior
1 de abril a 30 de abril
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal - Santiago de Compostela - A Coruña