Evento: Peza do mes: Máscara funeraria do padre Feijóo

  • Portada da publicación da Peza do Mes de abril do Museo Arqueolóxico de Ourense
Peza do mes: Máscara funeraria do padre Feijóo
martes, 1 abril, 2025 a mércores, 30 abril, 2025
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense,
Ourense

Peza do mes: Máscara funeraria do padre Feijóo

Presentación e publicación virtual mensual para afondar no coñecemento de pezas pertencentes aos fondos do Museo

A presentación pública terá lugar o 9 de abril ás 20:00 h, na sala de exposicións "Escolma de escultura", con entrada libre.

 

Como cada mes, o Museo escolle algunha peza de entre os seus fondos para ser tratada de xeito pormenorizado e darlle maior visibilidade, afondando no seu contexto e características, datas, filiacións, etc., e reforzar así o seu valor.

 

De longa tradición histórica, dende o século XVIII renace a demanda de máscaras

mortuorias de celebridades da cultura e política ben como obxecto de colección ben como veneración da persoa defunta. Autor famoso xa no seu tempo, esta máscara pertence a o Padre Feijoo, Benito Jerónimo Feijoo y Montenegro (Pazo de Casdemiro, O Pereiro de Aguiar, Ourense, 8 de outubro de 1676-Oviedo, 26 de setembro de 1764).

 

A publicación virtual sobre esta peza está dispoñible nesta ligazón do Museo Arqueolóxico de Ourense, onde se pode afondar sobre as súas características, cunha descrición máis pormenorizada, a reflexión sobre o seu uso e significado e a contextualización desta peza na súa época. Este estudio elaborado, nesta ocasión, por Avelino Rodríguez González.

Máis eventos de tipo Xornada/Congreso

Os temas da arte: Tirando do fío
2 de abril a 28 de maio
Museo de Belas Artes
Charla e presentación do cómic "Gloria"
9 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal
Tradición oral recuperada das tebras. Son contos... ou Historia?
14 de maio
Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés
Presentación do libro “Reflexiones de un felino en el aire”
20 de maio
Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal