Evento: Castelao, un corazón á intemperie
Castelao, un corazón á intemperie
No ano Castelao, a Rede de Dinamización Lingüística contará con diversas actividades orientadas a celebrar a figura do escritor, artista e político de Rianxo.
Velaquí a primeira, que nos chega da man da compañía Fantoches Baj. Trátase dunha peza de teatro dirixida a nenos e nenas a partir dos 6 anos e mais ás súas familias. Nela veremos a Varela Buxán -dramaturgo e director de escena que no seu día dirixiu a estrea d’Os vellos non deben de namorarse- renderlle a súa particular homenaxe a Castelao. Nun pequeno escenario, vai narrar as vicisitudes da súa vida e vai representar algúns dos seus fitos literarios apoiándose en diferentes técnicas escénicas. Deste xeito “O pai de Migueliño” contarao con viñetas a modo do Kamishibai, “Peito de Lobo” representarao usando un cabezudo, para o primeiro cadro do segundo lance d’ Os vellos non deben de namorarse empregará monicreques e para o monologo d’ Un ollo de vidro valerase da técnica do teatro de máscaras.
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Praza da Igrexa (en caso de chuvia na Casa da Cultura)
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Casa da Cultura Manuel María
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Parque José Martí (en caso de chuvia no Auditorio da Fábrica)
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Centro Sociocultural Valadares
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Praza Agramuíña (en caso de chuvia do Centro Social Escarabote)
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Auditorio Municipal
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Praza Maior (en caso de chuvia na Casa da Cultura)
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Local social de Esteiro
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Malecón (en caso de chuviano Teatro Lauro Olmo)
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Biblioteca Pública de Petelos
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Praza do Cantón (en caso de chuvia no Auditorio)
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Rúa Calvo Sotelo
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Praza da Constitución (en caso de choiva no Auditorio Municipal)
Máis eventos do ciclo FalaRedes



