Evento: Castelao, un corazón á intemperie

Castelao, un corazón á intemperie
venres, 25 abril, 2025 - 18:00
Praza da Igrexa (en caso de chuvia na Casa da Cultura),
Guntín

Castelao, un corazón á intemperie

Peza de teatro de Fantoches Baj

No ano Castelao, a Rede de Dinamización Lingüística contará con diversas actividades orientadas a celebrar a figura do escritor, artista e político de Rianxo.

Velaquí a primeira, que nos chega da man da compañía Fantoches Baj. Trátase dunha peza de teatro dirixida a nenos e nenas a partir dos 6 anos e mais ás súas familias. Nela veremos a Varela Buxán -dramaturgo e director de escena que no seu día dirixiu a estrea d’Os vellos non deben de namorarse- renderlle a súa particular homenaxe a Castelao. Nun pequeno escenario, vai narrar as vicisitudes da súa vida e vai representar algúns dos seus fitos literarios apoiándose en diferentes técnicas escénicas. Deste xeito “O pai de Migueliño” contarao con viñetas a modo do Kamishibai, “Peito de Lobo” representarao usando un cabezudo, para o primeiro cadro do segundo lance d’ Os vellos non deben de namorarse empregará monicreques e para o monologo d’ Un ollo de vidro valerase da técnica do teatro de máscaras.

Outras datas

Máis eventos do ciclo FalaRedes

Pelica de burra
19 de abril, 18:00
Praza da Biblioteca - Nigrán - Pontevedra
Pelica de burra
26 de abril, 12:00
Centro Cultural Lustres Rivas - Ribeira - A Coruña
Pelica de burra
26 de abril, 19:00
Pazo do Martelo - Rianxo - A Coruña
Pelica de burra
27 de abril, 12:00
Capela Torrente Ballester - Ferrol - A Coruña