Evento: Frans van de Staak. Programa 4.

Frans van de Staak. Programa 4.
martes, 8 abril, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Frans van de Staak. Programa 4.

Frans van de Staak, 1975, 1983

Sonate

Frans van de Staak

Países Baixos, 1975, 5 min, 16 mm, neerlandés.

 

Het vertraagde vertrek

Frans van de Staak

Países Baixos, 1983, 107 min, 16 mm, neerlandés.

 

A relación dos intérpretes co espazo é unha das indagacións permanentes do cinema de van de Staak. “Onde estamos encerrados en realidade? Nun espazo? Cada un en si mesmo? Ou quizais na linguaxe, ben podería ser.”

A película máis breve de van de Staak, Sonate, alterna planos dun home que recita palabras en inglés e neerlandés, e detalles do porto no que se produce a recitación. A banda sonora combina de maneira abrupta e estridente palabras, ruídos e unha gravación de música cuxos valores de ton e volume son continuamente alterados.

A súa película máis longa, Het vertraagde vertrek, cuxo guión foi realizado co escritor experimental Jacq Firmin Vogelaar, partiu dunha investigación sobre o modo no que os espazos condicionan as persoas, pero enseguida tomou outros rumbos. Cineasta e escritor decidiron escribir cada escena despois do visionado do material rodado para a anterior, o que implicou avanzar sen unha idea total do conxunto. De aí xurdiron novos temas e personaxes, e unha dificultade para a ordenación do material, que derivou en nove montaxes distintas.

Frans van de Staak. Programa 5.
9 de abril, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Frans van de Staak. Programa 6.
10 de abril, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña