Evento: Frans van de Staak. Programa 6.

Frans van de Staak. Programa 6.
xoves, 10 abril, 2025 - 18:00
Filmoteca de Galicia,
A Coruña

Frans van de Staak. Programa 6.

Frans van de Staak, 1999, 1989

Dichtweefsel

Frans van de Staak

Países Baixos, 1999, 20 min, 16 mm, neerlandés.

 

Ongedaan gedaan

Frans van de Staak

Países Baixos, 1989, 76 min, 16 mm, neerlandés.

 

Moitas películas de Frans van de Staak articúlanse ao redor de situacións ou diálogos entre dous intérpretes. O seu cinema propón un catálogo de maneiras de filmar a diferenza e a comunicación entre dúas persoas.

En Dichtweefsel, unha actriz ensaia a obra de teatro Tres viaxeiros observan un amencer, de Wallace Stevens, interpretando todos os personaxes (tres viaxeiros chineses e unha moza de Pensilvania). Outro actor, ou quizais un director, escoita e dá indicacións á actriz.

Ongedaan gedaan segue dúas parellas: catro personaxes, cada un dos cales seduce a outro da parella á que non pertence. A película é unha sucesión de visitas, puntuadas polos desprazamentos solitarios entre unha casa e outra: escenas cómicas, de pelexa, de amor, e moito camiñar a bo paso. Cada personaxe é interpretado por dous actores distintos, o que dificulta a lectura narrativa da película e convida a lela como unha colección de viñetas.

Frans van de Staak. Programa 4.
8 de abril, 18:00
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña
Frans van de Staak. Programa 5.
9 de abril, 20:30
Filmoteca de Galicia - A Coruña - A Coruña