Evento: Día das Letras Galegas 2025
Día das Letras Galegas 2025
-Exposición bibliográfica e paneis explicativos do 5 ao 31 de maio: “A música tradicional galega”.
Resumo e exposición de obras sobre a música tradicional galega para entender a importancia das cantareiras, homenaxeadas das Letras deste ano, dentro da nosa cultura
Sala Infantil. Público familiar.
-Exposición bibliográfica e paneis explicativos do 5 ao 31 de maio: “Galicia e a tradición oral”.
A música e a narración son inseparables nas primeiras manifestacións culturais de todos os pobos, incluíndo o galego. Dende os trobadores medievais ata as cantareiras, pasando polas regueifas, hai unha vinculación de música e oralidade da que queremos dar conta con esta pequena exposición e escolma bibliográfica.
Zona de exposicións da biblioteca. Todos os públicos.
-Narración oral e música: “Unha noite no muíño...” de Felipe Caxoto, venres 16 de maio ás 18.00 h.
Se unha tradición temos clara na nosa cultura é que non se remata ningún gran traballo sen celebralo por todo o alto. As vendimas, os fiandóns, a colleitas e sementes, a malla, ir ao muíño moer... eran traballos que conxugaban ao remate da xornada baile, música e festa rachada.
Nestas festas e foliadas tiñan un papel primordial as cantareiras tal é así que este ano dedicáselles o Día das Letras Galegas a 5 desas cantareiras que axudaron a manter vivas as nosas tradicións compartindo coas novas xeracións as súas cantigas, o seu xeito de ver a vida, a súa retranca. Elas eran Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e mais Manuela Lema Villar.
Función de contos, cantos, bailes co fin de manter viva a memoria destas mulleres e levarnos nunha viaxe a aqueles tempos onde unha noite no muíño, unha noite non era nada.
Sala infantil.
Duración: 50 minutos.
Idade: de 4 anos en adiante.
- Concerto musical a cargo de Francisco Castro:, venres 16 de maio ás 19.00 h.
Francisco Castro repasará o mellor da poesía galega musicada dende os anos sesenta ata os nosos días. Entre outros, escoitaremos poemas de Álvaro Cunqueiro, Manuel Curros Enríquez, Rosalía de Castro, Manuel María, Castelao, Uxío Novoneyra..., así como poesía cantada de corte popular. Francisco Castro recolle as versións dos grandes cantautores galegos e reinventa as cancións con ritmos diferentes para facer un espectáculo dinámico, no que todo o mundo participa cantando, pero tamén cun punto didáctico, porque o artista irá contando, en breves alocucións, a importancia de cada poema, do disco no que saíu, do artista que o traballou...
Duración: 60 minutos.
Para todos os públicos.
Sala multiusos, 2º andar.
Máis eventos do ciclo Día das letras galegas



