Evento: Conferencias no marco da exposición "Memoria e azougue"
Conferencias no marco da exposición "Memoria e azougue"
En relación á exposición fotográfica “Memoria e Azougue. A liñaxe dos Llanos (1897-1970)”, o Museo Etnolóxico presenta un ciclo de conferencias que comenzarán o venres 25 de abril ás 8 da tarde da man de María Soliña Barreiro González e continuará con outras dos conferencias realizadas por Vitor Vaqueiro Foxo e Eduardo Ochoa o sábado 10 de maio ás sete da tarde. Os títulos son os seguintes:
- 25 de abril: Retrato e clase na fotografía galega do primeiro terzo do século XX, por María Soliña Barreiro González
- 10 de maio: Arquitectura, retrato e sociedade na liñaxe dos Llanos, por Vitor Vaqueiro Foxo
- 10 de maio: Mirando ao pasado. Recuperación de fotografía histórica, por Eduardo Ochoa.
A entrada é de balde ata completar o aforo.
- Eve: Data e hora:Eve: Lugar:Museo Etnolóxico de Ribadavia