Evento: A Historia do Apalpador
A Historia do Apalpador
A Historia do Apalpador
Espectáculo de nadal a cargo de Títeres Cachirulo
O Apalpador é un personaxe da tradición popular galega nado no Courel. Está ligado ás festas do Nadal e góstalle compartir coa xente eses bonitos días.
É un pastor mangallón e bo, de mirada doce e longas barbas coloradas que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira. Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabaríns, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como agasallo castañas quentes e divertidos xoguetes de madeira.
Ligazóns
Máis eventos do ciclo Rede galega de teatros e auditorios

30 de abril, 20:30
Teatro Rosalía Castro - A Coruña - A Coruña

2 de maio, 20:00
Centro Social Abanqueiro - Boiro - A Coruña

2 de maio, 20:00
Auditorio Municipal - Vilagarcía de Arousa - Pontevedra

2 de maio, 20:30
Auditorio Municipal Gustavo Freire - Lugo - Lugo