Evento: Removendo o CGAC
Removendo o CGAC
Removendo o CGAC
Obradoiro de danza dirixido por trasPediante
Neste taller habitaránse os diferentes espazos do CGAC na procura dun xeito de aproximarse á mirada dos máis pequenos.
Aproveitando as posibilidades creativas dos diferentes espazos do museo, orixinariamente concibido por e para os adultos, para desenvolver traballos de creación e experimentación a través da danza, a expresión corporal, o xogo e o humor. En definitiva, coñecer os peculiares espazos arquitectónicos deseñados por Álvaro Siza Vieira (escalas, formas, usos, luz, materiais, sonoridade,...) e os xardíns e ruínas do parque de Bonaval, e camiñar por eles empregando a imaxinación e o corpo.
- Este obradoiro está dirixido a nenos de 4 a 6 anos.
- Desenvólvese entre o 14 e o 17 de xullo en horario de 11:00 a 13:00 horas.
- Ofértanse 15 prazas para este obradoiro, previa inscripción desde o mércores 24 de xuño a través dos enderezos electrónicos cgac.educacion@xunta.es e cgac.pedagogia@xunta.es
Ligazóns